Febreiro, mes de entroido ,de orellas, de filloas, de festa... e por desgracia de moito temporal, porque o que temos vivido neste mes, foi do peorciño. ((climatoloxicamente falando claro))
Polo demáis foi un mes moi rico en aprendixes, investigacións, xogos....
Nos primeiros días antes do temporal (que nos tivo case 2 semanas sen sair ao patio) fixemos esta foto, que nos axudou a coñecer ben o mes no que vivimos, e de paso achegarnos a letra "F"
| fáltame Kevin :( |
Neste mes continuamos o traballo manipulativo por rincóns, que nunca falta na nosa xornada.
Ata comenzan a inventar os seus propios xogos... unindo partes de forma brillante... as pinzas dun xogo → co ábaco... XURO SOLEMNEMENTE que coma mestre non influín! creatividade pura...
Esta cortiza estaba moi paradiña ímoslle tirar proveito...
Tamén decidimos que o mandilón do profe Diego estaba moi moi soso, asi que debíamos facer algo ao respecto... e que mellor que ilústralo con letras, letras, letras e máis letras?
Inventamos o "XOGO DA CARRASQUIÑA" Trátase de un xogo de azar para diferenciar os números menores e maiores...
E N C A N T O U L L E S !!! Repárteselles dous papeliños con números ao azar do 1 ao 8, e non os poden ensinar. Logo por turnos teñen que amosar un deses papeles, e ter a sorte de que o papel que saque o profe cun numero sexa menor que o seu. Se o deles e maior gañan una boliña de plastilina.
Se perden teñen que dar o profe una das súas boliñas. Se quedan sen boliñas, teñen que resolver una pregunta que lles fai o profe para recuperar ao menos una boliña mais.... ata os de 4 anos se xuntaron para xogar.
En FEBREIRO tamén fumos ao teatro de Padrón a ver un concerto... estábamos moi nerviosos porque non facemos moitas excursións, pero rápidamente os nervios converteronse en ledicia. Cantos, bailes e festa rachada. QUE CONCERTO TAN XENIAL!!! "A vaca marela", "diego galopín"," teño fame".... que temazos!!
| portámonos xenial no teatro a verdade |
No segundo mes do ano, comezamos a facer serias investigación tódolos Venres pola tarde.
Por equipos de mesas, nomeamos unha capitania, que modera o grupo e traballamos cun libro de animais ou do que prefiran.
Teñen pois que poñerse dacordo sobre que queren investigar. Posteriormente coa axuda do profe, organizamos a posta en marcha do traballo. E posteriormente os membros de cada grupo, explican ao demáis o que aprenderon!
Que logo acaban toda a semana na parede

Tamén colleu forma e forza a iniciativa do "libro das palabras curiosas" que alenta aos nenos e nenas xunto coas familias a investigar palabras, debuxalas e falar delas...
Cada semana facemos un novo mural / ** Gracias familias ;)** /
Aquí Brais amosa o seu debuxo da palabra "afouteza" e explica a todos o seu significado:
Alguen dixo ENTROIDO??? Pois si, en febrero comezamos un proxecto desta festividade tan galega, pra coñecer e investigar como levamos a cabo nas diferentes provincias dita festa tan animada:
Escomezamos cun gran mapa, falando das 4 provincias
Laza, Xinzo, Peliqueiros, Cigarróns... en pouco tempo son uns expertos

MAPA CONCEPTUAL DAS IDEAS CLAVES QUE IMOS APRENDENDO:
Namorados quedamos os profes cando lles amosamos por primeira vez en primicia o video que fixemos da paz... quedaron abraiados:
A música.... "ains"... a música... que faríamos sen ela...
Can do pasou o temporal voltamos a sair ao patio, que nos brinda unas posibilidades xeniais, non só de achegarnos a natureza, socialización, motricidade... senón tamen de lectoescritura como podedes ver.
Ata Yeray se apunta a debuxar letras e números
A Raúl parece boa idea tamén
Tan bo tempo que o sol cheimaba, e tivemos que comezar a usar gorras.
E nos brinda unhas posibilidades xeniais pra contar contos ao aire libre:
As asambleas do profe Diego seguen sendo moi.... completas...
Os venres antes de investigar facemos "asamblea NTICS" Na que estamos incluso elaborando os nosos propios xogos en internet... (( próximamente incluiremos o link para que xoguedes en casa))
E finalizamos o mes coa festa do entroido no cole e co unicio do miniproxecto: "É Rosalía de castro en realidad BATMAN?" que nos esta permitindo coñecer a poetisa galega dende diferentes perspectivas motivadoras

No hay comentarios:
Publicar un comentario